Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (480/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 480/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ignacio Tejeiro García contra a empresa Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de A Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 480/2012, no cal é demandante Ignacio Tejeiro García, asistido polo letrado Sr. Echagüe Pérez-Montero, e demandada a empresa Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, e foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Ignacio Tejeiro García contra a empresa Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada á extinción da relación laboral con aboamento a Ignacio Tejeiro García da cantidade de 9.809,36 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E, para que conste e sirva de notificación a Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial