Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1355/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Susana Vilar Fernández, José Ramón Fernández Vilariño, Isabel Fernández Martín contra Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Francisco Javier Muñoz Moros, Rocío Sampedro Martín, Roberto José Rota Venera, María Luisa Gimeno Adámez, Biotoner R Sistemas Ecológicos, S.L., Ileana Beatriz Rota Rago, en reclamación de cantidade, rexistrado co número 1355/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1355/2009, nos cales son demandantes Isabel Fernández Martín, Susana Vilar Fernández e José Ramón Fernández Vilariño, asistidos pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e demandados a empresa Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Rocío Sampedro Martín e María Luisa Gimeno Adámez, así como Francisco Javier Muñoz Moros, Roberto José Rota Venera e Ileana Beatriz Rota Rago, e foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Isabel Fernández Martín, Susana Vilar Fernández e José Ramón Fernández Vilariño contra a empresa Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Rocío Sampedro Martín e María Luisa Gimeno Adámez, e, en consecuencia, condeno os demandados a que aboen a Isabel Fernández Martín a cantidade de 7.783,95 euros; a Susana Vilar Fernández a suma de 7.451,66 euros, e a José Ramón Fernández Vilariño o montante de 6.817,09 euros que deben, cantidades, estas, que se deberán incrementar co xuro de mora do 10 %.

Da mesma maneira, acordo o sobresemento do presente procedemento no que se refire á acción interposta fronte a Francisco Javier Muñoz Moros, fronte a Roberto José Rota Venera e a Ileana Beatriz Rota Rago por desistencia.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E, para que sirva de notificación a Biotoner Galicia R Sistemas Ecológicos, C.B., Francisco Javier Cazorla Perales, Rocío Sampedro Martín, Roberto José Rota Venera, María Luisa Gimeno Adámez, Biotoner R Sistemas Ecológicos, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial