Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40889

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (760/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 760/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eusebio Moure Veiras contra a empresa El Corte Inglés, S.A., Red de Servicios de Implantaciones, S.L., Acumula, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 760/2010, no cal son demandantes Eusebio Moure Veiras, asistido polo letrado Sr. Güemez Abad, e demandados a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., así como a empresa Acumula, S.L., comparecida a través de Ubaldo Pérez Rodríguez, coa representación da letrada Sra. Bregua López, e a empresa El Corte Inglés, S.L., coa representación da letrada Sra. Varela Mirás, tendo sido citado do mesmo xeito o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de Eusebio Moure Veiras contra a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L. e contra a empresa El Corte Inglés e, en consecuencia, condeno a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L. a que aboe a Eusebio Moure Veiras a cantidade de 4.549,27 euros que debe, e responderá solidariamente a empresa El Corte Inglés das sumas acumuladas ata o 17 de xullo de 2010.

Do mesmo xeito, debo absolver e absolvo a empresa Acumula, S.A. de cantas pretensións se exerceran na súa contra en virtude do presente procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación á Red de Servicios e Instalaciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial