Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (836/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Martagar, S.L. contra a Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, a Dirección Provincial da Tesouraría Xeral da Seguridade, Ángel Pan Carballeira, rexistrado co nº 836/2009, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre recarga de prestacións 836/2009, no cal é demandante a empresa Martagar, S.L., coa representación da letrada Sra. Briones Amor, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación do letrado da Administración da Seguridade Social Sr. González Quintas, así como Ángel Pan Carballeira.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de Martagar, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra Ángel Pan Carballeira, e, en consecuencia, absolvo os demandados de cantas pretensións se exerceran na súa contra en virtude do presente procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Ángel Pan Carballeira, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial