Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (738/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 738/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Garrido Pena contra a empresa Mutua Fremap, Cocinas Coarme, S.L., Servizo Galego de Saúde (Sergas), Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguranza social, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre impugnación de alta médica 738/2010, no cal é demandante José Miguel Garrido Pena, asistido pola letrada Sra. Garrido Fernández, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Berea, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como Mutua Fremap, coa representación do letrado Sr. Ojea Carballeira, e a empresa Cocinas Coarme, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por parte de José Miguel Garrido Pena contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) e contra o Servizo Galego de Saúde (Sergas), así como contra a Mutua Fremap e contra a empresa Cocinas Coarme, S.L., e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exercesen na súa contra en virtude do presente procedemento.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Cocinas Coarme, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial