Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (795/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Benito Pérez Citoula contra a patronal José Antonio Chouza Viturro, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Antonio Chouza Ojea, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, rexistrado co número 795/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de desemprego 795/2009, sendo demandante Benito Pérez Citoula, representado polo graduado social Sr. García Pérez, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación do letrado da Administración da Seguridade Social Sr. González Quintas, así como a empresa patronal José Antonio Chouza Viturro e Antonio Chouza Ojea.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de Benito Pérez Citoula contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, así como contra a empresa patronal José Antonio Chouza Viturro e contra Antonio Chouza Ojea, e, en consecuencia, declaro o dereito daquel á percepción de pensión de xubilación de cálculo sobre unha base reguladora de 898,75 euros, con efectos desde o 4 de novembro de 2008, e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeneral da Seguridade Social ao anticipo do aboamento da diferenza xerada na contía da prestación, sen prexuízo do seu dereito de reintegro con cargo á empresa patronal José Antonio Chouza Viturro e con cargo a Antonio Chouza Ojea, os cales son responsables, por defecto de cotización, pola diferenza entre a base reguladora fixada e a recoñecida a través desta resolución.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Antonio Chouza Ojea, patronal José Antonio Chouza Viturro expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

A secretaria xudicial