Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (159/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 159/2012.

Demandante: Miguel Ángel Díaz Barreira.

Avogada: María Mercedes Rubal Díaz.

Demandado: Revoco de Baos, S.L.

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 159/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Miguel Ángel Díaz Barreira contra a empresa Revoco de Baos, S.L., en ignorado paradoiro, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dispoño declarar extinguida no día da data a relación laboral que unía a Miguel Ángel Díaz Barreira coa empresa Revocos de Baos, S.L., condenando esta ao pagamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Miguel Ángel Díaz Barreira.

Indemnización: 29.169,06 euros (vinte e nove mil cento sesenta e nove euros con seis céntimos).

Salarios: 11.872,85 euros (once mil oitocentos setenta e dous euros con oitenta e cinco céntimos).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 8 de outubro de 2012

O secretario xudicial