Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (986/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 986/2010 por instancia de Miguel Carro Vilalta contra a empresa Conszoa, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 3.10.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión: estímase a demanda interposta por Miguel Carro Vilalta fronte a Conszoa, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Conszoa, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de catro mil cincocentos sesenta euros cun céntimo de euro (4.560,01 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Conszoa, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

O secretario xudicial