Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (948/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 948/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Álvarez Espina contra a empresa Juan José Pérez Costa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña o catro de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha, e como demandante, David Álvarez Espina, que comparece asistido polo letrado David Pena Díaz, e doutra, como demandada, a empresa Juan José Pérez Costa, que non comparece.

Decido que, aceptando a demanda formulada por David Álvarez Espina contra a empresa Juan José Pérez Costa, condeno esta a aboarlle a cantidade de 1.449,19 € que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Juan José Pérez Costa, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2012

O secretario xudicial