Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40879

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (44/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Santiago Leira Ramos contra Ferralla Lois, S.L., o addor. concursal e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 44/2010, se acordou notificarlle a Ferralla Lois, en paradoiro ignorado, a resolución da sentenza:

«Resolvo que, aceptando a demanda interposta por Santiago Leira Lamas contra a empresa Ferralla Lois, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir dous mil douscentos cincuenta e oito euros con vinte e cinco céntimos nos conceptos anteriormente referidos, e condeno a referida empresa ao aboamento da dita cantidade.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de citación a Ferralla Lois, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

A secretaria xudicial