Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40207

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (291/2012).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que no recurso de apelación número 291/2012, dimanante dos autos de procedemento de medidas provisionais previas número 404/2010, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas, recaeu sentenza do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Francisco Javier Valdés Garrido e María Soledad Guerra Vales, ditou en nome do Rei a seguinte sentenza número 400:

Pontevedra, 18 de xullo de 2012

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de familia 404/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas, aos cales correspondeu a peza número 291/2012, en que aparece como parte apelante-demandante Nair Domínguez Hidalgo, representada pola procuradora María Concepción García Riestra, e asistida pola letrada Celeste Barco Vega, e como parte apelada-demandada José Arturo Portela Mejía, en rebeldía; o Ministerio Fiscal, e sendo relator o maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decidimos que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Nair Domínguez Hidalgo contra a sentenza ditada o 13 de maio de 2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ponteareas, revogando esta en relación co réxime de visitas que se establece, a favor do proxenitor non custodio a falta de acordo entre os proxenitores, en fins de semana alternos, tanto o sábado coma o domingo, desde as 10.00 horas da mañá ata as 20.00 horas, réxime que poderá ampliarse cando se recupere a relación entre pai e fillo; e en relación cos alimentos fixados a cargo do demandado a favor do seu fillo, na cantidade de 250 euros mensuais.

Todo iso sen especial imposición de custas.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e sirva de notificación a José Arturo Portela Mejía, expido e asino este edicto.

Pontevedra, 2 de outubro de 2012

A secretaria xudicial