Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40205

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4152/2009-S).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4152/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 191/2007, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Juan Manuel Iglesias Fraga contra Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fonelec Nos, S.L. e Constructora Exporvey, S.L., sobre accidente, con data do 3 de outubro de 2012 se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con desestimación do recurso formulado por Juan Manuel Iglesias Fraga, confirmamos a sentenza que, con data do 20 de abril de 2009, foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e as empresas Construcciones Exporvey, S.L. e Fonelec Nos, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Fonelec Nos, S.L., Constructora Exporvey, S.L. con último domicilio coñecido na Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial