Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (798/2010).

Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 798/2010 por instancia de Miriam González Diéguez contra a mutua Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Tabellarius, S.L., sobre incapacidade permanente, nos cales se ditou sentenza en data 25.9.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Desestímase a demanda formulada por Miriam González Diéguez fronte á mutua Muprespa, a empresa Tabellarius, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, e absolvo os citados organismos ou empresas das pretensións fronte a eles dirixidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tabellarius, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

O secretario xudicial