Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40210

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (664/2010).

Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 664/2010 por instancia de Inmaculada Amenedo Gancedo contra Offset Valladares, S.L., Administración Concursal de Offset Espacio Valladares, S.L., Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou auto de aclaración en data 28.9.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva: dispoño: non procede a aclaración. Quedou suficientemente exposta a mención contida na sentenza acerca do alcance da súa responsabilidade.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto será válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor ningún recurso distinto ao que, de ser o caso, se poida interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina S.Sª e dou fe.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Offset Valladares, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 4 de outubro de 2012

O secretario xudicial