Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (786/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 786/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Filgueira Iglesias contra a empresa Lar das Meigas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución de data 26.6.2012, cuxa parte dispositiva de xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Mª del Carmen Filgueira Iglesias fronte á mercantil Lar das Meigas, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 4.10.2011, así mesmo declaro extinguida a relación laboral existente entre Mª del Carmen Filgueira Iglesias e a mercantil Lar das Meigas, S.L., e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 3.442,56 euros, en concepto de indemnización, así como a aboar a cantidade de 4.717,95 euros, en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da presente notificación, segundo prevén o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Lar das Meigas, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial