Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (868/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 868/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Pombo Pérez contra a empresa Iden del Noroeste, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución de data 12.7.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Cristina Pombo Pérez fronte á mercantil Iden del Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral a día de hoxe (12.7.2012); condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 12.210,36 euros en concepto de indemnización, así como o seu dereito a percibir, en concepto de salarios, a cantidade de 20.582,30 euros, máis o 10 % desta última cantidade por demora no seu pagamento, e condeno a demandada a estar e pasar por esta declaración.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, e quedará firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Iden del Noroeste, S.L., expídese a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial