Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40097

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1319/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1319/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luiz Carlos Ferreira dos Santos contra a empresa Fransan Eurotrans, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Luiz Carlos Ferreiro dos Santos contra a empresa Fransan Eurotrans, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Fransan Eurotrans, S.L. a que lle aboe ao demandante 12.803,95 euros polos conceptos expostos no fundamento xurídico primeiro desta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000 código 36 e número expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Fransan Eurotrans, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de outubro de 2012

A secretaria xudicial