Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (730/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Fraternidad Muprespa contra Izar Construcciones Navales, S.A., Asepeyo Mutua de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Elvira Bouza Fojo, en reclamación por Seguridade Social número 730/2011, se acordou notificar a Izar Construcciones Navales, S.A., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza ditada no presente procedemento:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta pola Mutua Fraternidad-Muprespa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo, Elvira Bouza Fojo e a empresa Izar Construcciones Navales, S.A., debo declarar e declaro a responsabilidade do Instituto Nacional da Seguridade Social no aboamento da prestación de viuvez derivada de enfermidade profesional recoñecida á beneficiaria Elvira Bouza Fojo, e condeno a citada entidade xestora ao aboamento da prestación e ao resto das demandadas a estar e a pasar por esta declaración.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial