Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (24/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña fago saber: que no proceso seguido por instancia de María Begoña Muñiz Nión contra Arancha Garrapucho, S.L. e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número 24/2012, se acordou notificar a Arancha Garrapucho, S.L., en ignorado paradoiro, a decisión da sentenza:

«Decisión.

Que considerando a demanda interposta por María Begoña Muñiz Nión contra a empresa a empresa Arancha Garrapucho, S.L., (a) declaro extinguida a súa relación laboral con data desta sentenza, (b) condeno a empresa a indemnizar a demandante pola extinción, coa cantidade –salvo erro ou omisión– de cinco mil trescentos sesenta e seis euros e corenta e oito céntimos (5.366,48 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación á empresa Arancha Garrapucho, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial