Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40094

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2012 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica a María Amparo Ruiz Pita-Romero.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante Resolución do 6 de xuño de 2012 (BOE do 18 de xuño), para a provisión da praza número 12/019 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, departamento de Química Fundamental desta universidade, a favor de María Amparo Ruiz Pita-Romero, con DNI número 32641746-P, e unha vez que a interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria,

Esta reitoría, en uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Amparo Ruiz Pita-Romero profesora titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, departamento de Química Fundamental desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña