Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40093

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de outubro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a dar publicidade da resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do Servizo de Psiquiatría.

Convocada a provisión dun posto de traballo vacante neste centro, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 23 de outubro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Psiquiatría.

Nome e apelidos: Isauro Gómez Tato. DNI: 33839197-X.