Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40090

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012 pola que se adxudican as bolsas para estadías correspondentes a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño en centros alleos ao sistema universitario de Galicia (SUG), previstas na Resolución do 7 de agosto de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 21 de agosto) pola que se convocan as axudas ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009) e para a concesión das bolsas para estadías correspondentes a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño, en centros alleos ao sistema universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 7 de agosto de 2012 (DOG nº 158, do 21 de agosto) aproba as bases que rexerán a convocatoria de axudas ás prórrogas do Programa Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2009) e para a concesión das bolsas para estadías correspondentes a investigadores contratados ao abeiro do Programa Ángeles Alvariño, en centros alleos ao sistema universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 para o ano 2012.

No artigo 2 («Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía») do anexo II da mencionada orde de convocatoria determínanse os requisitos que deberán cumprir os candidatos ás axudas correspondentes ao programa de bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia. Pola súa banda, no artigo 6 («Avaliación e selección das solicitudes») do dito anexo II establécese que a avaliación das solicitudes admitidas a fará a comisión de selección indicada no artigo 9 das bases xerais da resolución de referencia, conforme o criterio de selección establecido no artigo 7 do anexo II.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 5 de outubro de 2012 pola comisión de selección establecida no artigo 9 das bases xerais da Resolución do 7 de agosto de 2012, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia aos solicitantes que se relacionan no anexo desta resolución, para a realización de investigación nos destinos que se sinalan, durante o período de tempo e na contía que se indica en cada caso.

Segundo. As axudas concedidas que se financian con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.03.561A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, correspóndense coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Anexo II

Tipo de axuda

Crédito

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2012

II

Bolsas para estadías fóra de Galicia

(*) 08.03.561A.480.0

67.500 €

(*) A aplicación orzamentaria 08.03.561A.480.0 está dotada co Fondo Social Europeo (FSE). As bolsas terán un cofinanciamento do 80 % e integraranse no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

Terceiro. Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Cuarto. En relación coa aceptación, renuncia e obrigas dos beneficiarios, estes ateranse ao disposto nos artigos 13 e 14 das bases da resolución de convocatoria, así como ao disposto nos artigos 7 e 8 do anexo II da mencionada resolución sobre xustificación e pagamento da bolsa e compatibilidades.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Ricardo Capilla Pueyo
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Concedidos na convocatoria 2012

Aplicación orzamentaria 08.03.561A.480.0.

Nome

NIF

Destino

Axuda
instituc.


meses

Total
meses

Total

Castro Tubío, José Manuel

33300906B

Barcelona

400 €

1

1.200 €

1.600 €

Cillero Pastor, Berta

79320589Y

Amsterdam
(Países Baixos)

600 €

4

6.000 €

6.600 €

Díaz Lagares, Ángel

32677576G

L’Hospitalet de Llobregat

400 €

12

14.400 €

14.800 €

García Pérez, Samuel

32687405N

Amsterdam
(Países Baixos)

600 €

12

18.000 €

18.600 €

Lazcano Larkin, María Cristina

44471261W

Davis (USA)

1.000 €

12

22.800 €

23.800 €

Vilas Fernández, Carlos

36134528X

Grignon (Francia)

600 €

1

1.500 €

2.100 €

                                                                              Total                                                                                        67.500 €