Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (709/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 709/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Castro Ruibal contra a empresa Don Vaquero Sport Wear, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución de data 31.8.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Mª Teresa Castro Ruibal fronte á mercantil Don Vaquero Sport Wear, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral a día de hoxe (31.8.2012); condeno a Don Vaquero Sport Wear, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 28.650,53 euros en concepto de indemnización e 16.830,73 euros en concepto de salarios debidos ata a data da extinción da relación laboral (31.8.2012), máis o 10 % desta última cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Don Vaquero Spor Wear S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial