Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 2 de outubro de 2012, do Servizo de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento relacionado no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a Resolución do 2 de outubro de 2012, recaída no expediente de baixa do establecemento indicado no anexo xa que, intentada a notificación, non se puido practicar polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 2 de outubro de 2012

Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Mayfre.

Signatura: H.LU-463.

Titular: Ana María Martínez Guerrero.

Enderezo: r/ Nicolás Cora Montenegro, 81.

Concello: Viveiro.