Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 4 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución recaída no procedemento disciplinario incoado a Saturnino Segade Costoya.

O 2 de outubro de 2012 o director xeral de Xustiza ditou resolución nun procedemento disciplinario incoado a Saturnino Segade Costoya, funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Pontevedra. Por estar en paradoiro descoñecido e en aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procede a súa notificación por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia. A devandita resolución literalmente di: «…1. Arquivar o expediente disciplinario 7/2004. 2. Notificarlle a presente resolución á Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza. 3. Notificarlle esta resolución a Saturnino Segade Costoya, notificación que por estar en paradoiro descoñecido se fará mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben recurso potestativo de reposición ante este mesmo centro directivo no prazo dun mes».

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza