Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40015

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (556/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 556/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Humberto Lens Sarasquete e Marcial Dasilva Estévez contra a empresa Isla Vionta, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte Resolución o 18 de xuño de 2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Humberto Agustín Lens Sarasquete e Marcial Dasilva Estévez fronte á mercantil Isla Vionta, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a mercantil demandada a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, por readmitir os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou pola extinción das relacións contractuais con aboamento dunha indemnización de 47.611,15 euros e 59.214,93 euros, respectivamente e, en ambos os dous casos, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza por importe de 10.223,87 euros e 12.715,63 euros, respectivamente, así como os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 66,82 euros por día e 83,11 euros por día, respectivamente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá perante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Que igualmente o día 10 de setembro de 2012 se ditou resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro de cálculo contido na decisión da sentenza, en canto que nel di:

Que estimo a demanda interposta por Humberto Agustín Lens Sarasquete e Marcial Dasilva Estévez fronte á mercantil Isla Vionta, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a mercantil demandada a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, por readmitir os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou pola extinción das relacións contractuais con aboamento dunha indemnización de 47.611,15 euros e 59.214,93 euros, respectivamente e, en ambos os dous casos, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza por importe de 10.223,87 euros e 12.715,63 euros, respectivamente, así como os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 66,82 euros por día e 83,11 euros por día, respectivamente.

Que debe quedar redactada da seguinte maneira:

Que estimo a demanda interposta por Humberto Agustín Lens Sarasquete e Marcial Dasilva Estévez fronte á mercantil Isla Vionta, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante e condeno a mercantil demandada a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, por readmitir os traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou pola extinción das relacións contractuais con aboamento dunha indemnización de 47.611,15 euros e 59.214,93 euros, respectivamente e, en ambos os dous casos, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza por importe de 20.914,66 euros e 26.013,43 euros, respectivamente, así como os que se devindiquen ata a notificación da sentenza, a razón de 66,82 euros por día e 83,11 euros por día, respectivamente.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, aínda que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Isla Vionta, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial