Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (102/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 102/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Ferreiro Chorén contra a empresa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza do 4.9.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por José Ramón Ferreiro Chorén fronte a Grial Libros, S.L., Nouche Brache Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Antonio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grial Libros, S.L. e a Nouche Brache Grace a aboar conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de 29.131,81 euros polos conceptos de salarios (11.415,73 euros) e indemnización pendente (17.716,08 euros), absolvo o resto de demandados das pretensións fronte a eles deducidas e condeno a Germán Antonio Pérez Rubín, na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aula 25 Distribuidora, en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2012

A secretaria xudicial