Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1067/2008).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1067/2008, deste xulgado do social, seguido por instancia de Johanna C. Rivas Ochoa contra a empresa Asepeyo e Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza do 19.9.2012 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando parcialmente a demanda inicial deste procedemento presentada por Yohanna C. Rivas Ochoa fronte á empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., debo condenar e condeno a esta mercantil a que faga efectiva as cantidades de 585,62 euros e 709 euros á demandante en concepto de prestación por incapacidade temporal, declaro a responsabilidade directa no pagamento da prestación da Mutua Asepeyo e a responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, para o caso de insolvencia da Mutua, e condeno as codemandadas nas devanditas respectivas responsabilidades.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por conduto deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

No caso de que quen pretenda interpoñer o recurso non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou non gozase do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente--- e que no momento de formalizar o recurso de suplicación, deberá presentar xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade de 150 euros, na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000---, aberta no Banco Español de Crédito, co número 003 1846 42 0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

O secretario xudicial