Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (903/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 903/2010 deste xulgado do social, seguido a instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Torreiro y Espiñeira, S.L.L. sobre ordinario, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 25 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 903/2010, sendo demandante a Fundación Laboral de la Construcción, coa representación do letrado Sr. Núñez Fernández, e demandada a empresa Torreiro y Espiñeira, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Torreiro y Espiñeira, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Fundación Laboral de la Construcción, a cantidade de 207,60 euros que debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Torreiro y Espiñeira, S.L.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial