Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1333/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de José Luis Cortes Torreiro contra Talleres Calviño, S.L., Bunge Ibérica, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 1333/2009, se ditou a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 28 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 1333/2009, nos cales son demandantes José Luis Cortés Torreiro, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, e demandada a empresa Talleres Calviño, S.L., así como a empresa Bunge Ibérica, S.L., coa representación do letrado Sr. Selma Prat, e foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de José Luis Cortés Torreiro contra as empresas Talleres Calviño, S.L. e Bunge Ibérica, S.A., e, en consecuencia, condeno a primeira a aboarlle a José Luis Cortés Torreiro a cantidade de 8.493,45 euros que debe, con responsabilidade subsidiaria da empresa Bunge Ibérica, S.A., polos salarios devindicados ata o 20 de abril de 2009, cantidade que se deberá incrementar co xuro de mora do 10 %.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Talleres Calviño, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial