Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (523/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 523/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Penas Suárez contra a empresa Araouane Hogar, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 21 de setembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 523/2012. É demandante Lucía Penas Suárez, asistida pola letrada Sra. Noya Rey, e demandada a empresa Araouane Hogar, S.L. Foi citado, da mesma maneira, o Fondo de garantía salarial.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Lucía Penas Suárez contra a empresa Araouane Hogar, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral con aboamento a Lucía Penas Suárez da cantidade de 799,76 euros en concepto de indemnización, así como da suma de 4.934,26 euros que debe en calidade de salarios e demais conceptos retributivos, cantidade, esta última, que deberá incrementarse co xuro de mora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de garantía salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Si o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.»

E para que conste y sirva de notificación a Araouanes Hogar, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial