Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela e Padrón.

Ás 10.00 horas do día 20 de novembro de 2012 terá lugar na aula do edificio administrativo da rúa da Pastoriza, nº 8, baixo, de Santiago de Compostela, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, cuarta e primeira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos que foi acordado o seu alleamento polas ordes da Consellería de Facenda do 3 de maio, do 10 de agosto, do 10 de setembro e do 5 de outubro de 2012.

Cuarta poxa:

1. Parcela nº 94, Novais, situada en San Martiño de Laraño (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 850 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con María Suárez Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, María Suárez Blanco, e oeste, Ramón Rey Pais.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.970, tomo 1.202, libro 244 e folio 204. Referencia catastral: 15079A509000940000FW.

Tipo de licitación: 4.800 euros.

2. Parcela nº 354, Cortiña de Pazos, situada no lugar de Coira (Ames), cunha superficie aproximada de 936 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, con zona excluída; leste, con zona excluída; e oeste, con Castora Viqueira Gendra.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 14.762, tomo 571, libro 148 e folio 59. Referencia catastral: 3751701NH3435S0001JG.

Tipo de licitación: 18.000 euros.

Primeira poxa:

1. Predio urbano. Número 11, piso 3º B, no terceiro andar dunha casa sen número (na actualidade nº 26), situada na rúa da Rosa da cidade de Santiago de Compostela. Ocupa a extensión de 79 m2, está distribuído en hall, comedor-estar, 3 dormitorios, cociña, baño e aseo e linda: polo norte ou dereita entrando na casa, co piso 3º A –nº 10– e nunha pequena parte coa caixa da escaleira; polo sur ou esquerda, co piso 3º C –nº 12–; polo leste ou fronte da casa, nunha pequena parte co piso 3º A –nº 10–, e no resto coa rúa da Rosa; e polo oeste ou fondo, nunha pequena parte, co piso 3º C –nº 12–, noutra parte cun patio de luces, e no resto coa caixa das escaleiras. Élle anexo o trasteiro sinalado co nº 4, existente no faiado. Atribúeselle unha cota de participación en relación co valor total do inmoble do 2,48 por cento.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 45.269, tomo 1565, libro 500 e folio 123. Referencia catastral: 7169309NH3476G0014TP.

Tipo de licitación: 226.099,34 euros.

2. Parcela nº 257, Castro, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 8.240 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con Josefa Bastón García e outros, Luís García Miramontes e outros; sur, Manuel Pérez Fraga; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria, e oeste, José Seoane Casal.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.938, tomo 1.202, libro 244 e folio 188. Referencia catastral: 15079D503002570000LJ.

Tipo de licitación: 8.637,37 euros.

3. Parcela nº 453-2, Ramalleira, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 11.411 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con Manuela Nieto González e outros, canle de rega que a separa de José Seoane Casal; sur, Antonio Noya Cobey e saída a camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Manuela Nieto González e outros, e oeste, Bernardo Gómez Nieto e Manuela Nieto González e outros.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.942, tomo 1.202, libro 244 e folio 190. Referencia catastral: 15079E503010160000DY.

Tipo de licitación: 23.319,26 euros.

4. Parcela nº 903, Sangriñeira, situada en San Miguel dos Agros (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 1.277 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Liste Mansilla; leste, Carmen Otero García, e oeste, Laureano Fernández Barreiro.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.948, tomo 1.202, libro 244 e folio 193. Referencia catastral: 15079A505009030000FM.

Tipo de licitación: 29.288,07 euros.

5. Parcela nº 565, Mira de Arriba, situada en San Fiz de Afora (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 2.412 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con Manuel Cobas de la Iglesia; sur, con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño, José Carballido Juncal e Manuela Antelo Fandiño; leste con camiño construído polo Servizo de Concentración parcelaria e Magdalena Fandiño Otero e, oeste con Manuela Varela Pérez e outros, Francisco Noya Guerra e outros, José Cobas Durán, Carmen Rozas Fernández, Eduardo Caneda García, Rufina Antelo Fandiño e José Carballido Juncal.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela como predio nº 25.575, tomo 1.237, libro 244 e folio 116. Refencia catastral: 15079A507005650000FL.

Tipo de licitación: 65.097,95 euros.

6. Parcela nº 1, Areeira, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 670 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con zona excluída; sur, Genoveva Brea Noya; leste, camiño existente e canle de rega no medio, e oeste, zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72. Referencia catastral: 15066B503000010000FI.

Tipo de licitación: 1.943,19 euros.

7. Parcela nº 159, Castro, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 883 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño e José Valiño Taboada; sur, zona excluída; leste, José Valiño Taboada e Valentín Figueira Guisande, e oeste, Manuel Uzal Lodeiro.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.630, tomo 487, libro 110 e folio 74. Referencia catastral: 8257404NH2385N0001YP.

Tipo de licitación: 6.534,91 euros.

8. Parcela nº 205, Ribeiros, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.597 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, María González Castaño; sur, Jesús Blanco Angueira; leste, camiño, e oeste, río Sar.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.632, tomo 487, libro 110 e folio 76. Referencia catastral: 15066E503002050000LY.

Tipo de licitación: 5.251,95 euros.

9. Parcela nº 230, Segade, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.706 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Manuel Rego Abaña e outros; sur, zona excluída; leste, Ramón Gens Rey, e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.634, tomo 487, libro 110 e folio 78. Referencia catastral: 15066E503002300000LS.

Tipo de licitación: 6.118,92 euros.

10. Parcela nº 322, Agroxoi, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 495 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con María Lapido Díaz e outros; sur, José González Cereijo, canle de rega no medio; leste, camiño, canle de rega no medio, e oeste, regato que o separa de Manuela Prado Sampedro.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.638, tomo 487, libro 110 e folio 82. Referencia catastral: 15066B503003220000FJ.

Tipo de licitación: 10.939,40 euros.

11. Parcela nº 485, Sobrán, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 780 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, estrada da Coruña-Vigo e ferrocarril de Santiago-Vigo; sur, Manuela García Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo, e oeste, ferrocarril de Santiago-Vigo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.642, tomo 487, libro 110 e folio 86. Referencia catastral: 15066B503004850000FS.

Tipo de licitación: 7.322,38 euros.

12. Parcela nº 534, Molladiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.402 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Obdulia Sánchez Abullo; sur, José González Rodríguez; leste, camiño existente, e oeste, José Estévez Seage.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.644, tomo 487, libro 110 e folio 88. Referencia catastral: 15066B503005340000FF.

Tipo de licitación: 13.390,53 euros.

13. Parcela nº 568, Devesiña, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña a Vigo, e oeste, camiño existente.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648, tomo 487, libro 110 e folio 92. Referencia catastral: 15066B503005680000FO.

Tipo de licitación: 25.384,40 euros.

14. Parcela nº 579, Devesiños de Abaixo, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.210 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, María Aboy Prada; sur, José María Pose Blanco; leste, Ramón Cajaraville Pose, canle de rega no medio, e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.650, tomo 487, libro 110 e folio 94. Referencia catastral: 15066B503005790000FS.

Tipo de licitación: 19.438,65 euros.

15. Parcela nº 584, Quinteiro, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.091 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño; sur, Ramón Pose Blanco; leste, canle de rega que a separa de María Reboredo García, descoñecidos e outros predios, e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.652, tomo 487, libro 110 e folio 96. Referencia catastral: 15066B503005840000FU.

Tipo de licitación: 53.565,24 euros.

16. Parcela nº 590, Chalín, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 3.215 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con zona excluída; sur, camiño existente, canle de rega no medio; leste, José Aboy Blanco, e oeste, con zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.654, tomo 487, libro 110 e folio 98. Referencia catastral: 15066B503005900000FA.

Tipo de licitación: 25.755,76 euros.

17. Parcela nº 598, Magaláns, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.199 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, José Tojo Blanco e outro, Manuela Cajaraville Pose e Digna Iglesias Souto; sur, Josefina Villaverde Sánchez; leste, camiño, e oeste, zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.656, tomo 487, libro 110 e folio 100. Referencia catastral: 15066B503005980000FF.

Tipo de licitación: 24.465,41 euros.

18. Parcela nº 603, Magaláns, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 7.055 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Aurora Lavandeira Vázquez, zona excluída e María del Carmen Iglesias Ferrín e outros; sur, zona excluída; leste, Digna Iglesias Souto, María del Carmen Iglesias Ferrín e outros e saída a camiño, e oeste, zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.658, tomo 487, libro 110 e folio 102. Referencia catastral: 15066B503006030000FR.

Tipo de licitación: 42.395,79 euros.

19. Parcela nº 633, Agro de Barreiros, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.214 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Manuel Ferrín Iglesias, canle de rega no medio e Manuela Aboy Prada; sur, camiño; leste, María Pose Blanco e José Laboráns Martínez, e oeste, Antonio Iglesias Díaz.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.660, tomo 487, libro 110 e folio 104. Referencia catastral: 15066B503006330000FO.

Tipo de licitación: 37.977,84 euros.

20. Parcela nº 681, Fochacos, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.657 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño e canle de rega no medio; sur, José Gómez Espasandín, canle de rega que a separa de Josefa Beis García, e predio nº 690; leste, María Ferreira Capeáns, e oeste, Soledad Zumalave Zumalave, Victoria Oseiro Leis e Antonio Iglesias Souto.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.662, tomo 487, libro 110 e folio 106. Referencia catastral: 9287617NH2398N0001GL.

Tipo de licitación: 42.684,70 euros.

21. Parcela nº 817, Pelamio, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.023 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, estrada Vigo a A Coruña; sur, Maximino Zumalave Díaz; leste, Anacleto Angueira Rodríguez e outros, e oeste, con río.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.668, tomo 487, libro 110 e folio 112. Referencia catastral: 15066B503008170000FL.

Tipo de licitación: 18.231,89 euros.

22. Parcela nº 929, Coquiño, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo a A Coruña, e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116. Referencia catastral: 9894202NH3400N001QW.

Tipo de licitación: 18.320,02 euros.

23. Parcela nº 984, Costeira, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.294 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño; sur, río; leste, camiño existente e Rosalía Fojo Naya, e oeste, Rosa Seage Grela.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.674, tomo 487, libro 110 e folio 118. Referencia catastral: 15066B503009840000FM.

Tipo de licitación: 28.597,15 euros.

24. Parcela nº 1.024, Longás, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.378 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño; sur, María Iglesias Bouzada e Estrella Bouzada González; leste, camiño, e oeste, camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124. Referencia catastral: 15066C503010240000IT.

Tipo de licitación: 6.982,05 euros.

25. Parcela nº 1.037, Lareda, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.070 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Maximino Duarte Iglesias e outros, e oeste, zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126. Referencia catastral: 15066C503010370000IE.

Tipo de licitación: 4.294,95 euros.

26. Parcela nº 1.116, Bouza, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 4.114 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, Manuel Landeira Iglesias, Isolina González Díaz e José Arca Rois; sur, con camiño; leste, camiño e Ramón Manuel Mirón Ribas, e oeste, Manuel Castro García e camiño.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.686, tomo 487, libro 110 e folio 130. Referencia catastral: 15066F503011160000DP.

Tipo de licitación: 32.957,76 euros.

27. Parcela nº 682, Fochancos, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.626 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Victoriano Caeiro Lens; leste, Comunidade Autónoma de Galicia, e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.507, tomo 765, libro 170 e folio 6. Referencia catastral: 9287616NH2398N0001YL.

Tipo de licitación: 28.579,64 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe este alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Poderase visitar o piso situado na rúa da Rosa, nº 11-3º B, de Santiago de Compostela (na actualidade nº 26) para o que se deberá concertar cita previa.

Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda