Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40000

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (1288/2010).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, polo presente edicto, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de José Antonio Miralles Álvarez fronte a Bernardino Michelena Ojea se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 11 de xullo de 2012

Flora Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 desta e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo ordinario seguidos perante este xulgado baixo o nº 1288/2010, en que son parte demandante José Antonio Miralles Álvarez representado pola procuradora Paz Barreras Vázquez e parte demandada Bernardino Michelena Ojea.

Decido que estimando a demanda promovida pola procuradora Paz Barreras Vázquez en nome e representación de José Miralles Álvarez frente a Bernardino Michelena Ojea debo declarar e declaro a nulidade por falta de causa das escrituras de compravenda do 17 de abril de 2008 outorgadas perante o notario Manuel Landeiro Aller. Restituiranselle ao demandante os predios obxecto da demanda e acórdase a cancelación da inscrición rexistral que puidese orixinar a dita operación, con imposición das custas causadas ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interporá perante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 3561-0000- indicando, no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da misma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada»

E encontrándose o dito demandado, Bernardino Michelena Ojea, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 1 de setembro de 2012

O secretario xudicial