Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40002

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1219/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1219/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Pazos Souto, Cristina García Fernández, Ana Isabel Barreiro Rama, Martina Díaz Vázquez e Silvia Díaz Vázquez contra a empresa Confecciones Sangüesa, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e a administración concursal de Confecciones Sangüesa, S.L., sobre reclamación de salarios, ditouse sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Martina Díaz Vázquez, Cristina García Fernández, Ana Isabel Barreiro Rama, Silvia Díaz Vázquez e María Pilar Pazos Souto contra a entidade Confecciones Sangüesa, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Confecciones Sangüesa, S.L. a que aboe a cada unha das demandantes as seguintes cantidades:

– A Martina Díaz Vázquez, a suma de 791,07 euros.

– A Cristina García Fernández, a suma de 420,87 euros.

– A Ana Isabel Barreiro Rama, a suma de 436,24 euros.

– A Silvia Díaz Vázquez, a suma de 554,86 euros.

– A María Pilar Pazos Souto, a suma de 639,88 euros.

Cantidades que se deberán incrementar co xuro do 10 % por demora aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Confecciones Sangüesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente na Coruña, 1 de outubro de 2012».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A secretaria xudicial