Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1208/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1208/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Castro Mouriño contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. sobre reclamación de salarios, procedemento ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisco Javier Castro Mouriño contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., e en consecuencia debo condenar e condeno a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 9.856,46 polos conceptos detallados na epígrafe de feitos probados da presente resolución.

A citada cantidade incrementarase co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial