Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 39997

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1296/2009-RMR).

Sala do Social-Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 0001296/2009 rmr.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Recorrido: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Centro de Estudios Prisma, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo, demanda 0000822/2008.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección número 2 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 1296/2009 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, a TXSS e o Centro de Estudios Prisma, S.L., sobre outros dereitos S.S., foi ditada a seguinte resolución:

«Estimando o recurso de suplicación formulado pola letrada María José Martínez-Fariza Conde, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do nove de febreiro de dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 822/2007, seguido contra o INSS, a TXSS e a empresa Centros de Estudios Prisma, S.L., revogamos a expresada resolución no sentido de que a cantidade obxecto de condena que a empresa codemandada debe reintegrar á expresada Mutua ascende a 6.684,54 euros, e confirmámola canto ao resto.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma ao Centro de Estudios Prisma, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Río Ulla, A Caeira, s/n, Poio (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012

O secretario xudicial