Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 39996

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 10 de outubro de 2012 polo que se dá publicidade da resolución mediante a cal se convoca o proceso selectivo para a contratación temporal dun técnico superior de análise do ciclo da vida.

En exercicio das competencias que me recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca proceso selectivo para a contratación temporal dun técnico superior de análise do ciclo da vida.

A información completa (bases das convocatorias etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da universidade (edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (edificio administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira 86), así como no seguinte enderezo electrónico:

http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html

Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no taboleiro do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

Vigo, 10 de outubro de 2012

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo