Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39872

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (101/2011).

Carolina Vázquez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, anuncio que no xuízo verbal nº 101/2011, seguido por instancia de Gas Natural Servicios, SDG fronte a María Lourdes Fernández Castelo, se ditou a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Cambados, 6 de xuño de 2011.

Vistos por min, Laura Vicente Rey, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Cambados, os autos de xuízo verbal nº 101/2011, promovidos por Gas Natural Servicios SDG, S.A., representada polo procurador Sr. Martínez Melón e asistida polo letrado Sr. Rodríguez Vila García, contra María Lourdes Fernández Castelo, en rebeldía procesual, autos dos que resulta o seguinte:

– Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

«Decido que debo aceptar e acepto integramente a demanda interposta por Gas Natural Servicios SDG, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. Martínez Melón, contra María Lourdes Fernández Castelo, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a resolución do contrato de subministración de gas para o local sito na avda. Pastora nº 23, local 1, de Cambados; declaro a resolución do contrato de financiamento da instalación receptora individual de gas; e condeno a demandada a permitirlles aos empregados da empresa demandante o acceso ao citado local, co fin de realizar a lectura do contador e proceder á súa desconexión e retirada; e ao pagamento á demandante da cantidade de 2.233,94 euros e ao pagamento da suma que resulte da facturación comprendida entre a última lectura facturada de 2.861 m3 de gas (factura con data de emisión 29.6.2010) e a que se realice no momento da desconexión do contador, ao prezo da tarifa oficial, máis os xuros sinalados no fundamento xurídico terceiro e o pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme, dado que contra ela cabe preparar ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, que será resolto, se é o caso, pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

A admisión do dito recurso exixirá que no momento de preparalo se consigne como depósito o importe de 50 euros na conta de depósitos e consignacións do xulgado, o cal deberá ser acreditado de xeito fidedigno, requisito sen o cal non se admitirá o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Estando a dita demandada, María Lourdes Fernández Castelo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

Cambados, 20 de xullo de 2011

A secretaria xudicial