Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39870

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (973/2009-S).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 973/2009 S.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, demanda 392/2008.

Materia: accidente.

Recorrentes: Luis Fernández Calo.

Letrado: Juan Rafael Pazos Pesado.

Procurador: Jacobo Tovar Espada y Pérez.

Entidades contra as que se recorre: INSS e TXSS.

– Mutua de accidentes de traballo Fremap.

Letrado: Alberto Arca Fresco.

– Mutua de accidentes de traballo Asepeyo.

Letrada: Cristina González de la Rasilla.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudin.

– Automatismos Rías Baixas, S.L.

A Piolla, Lérez (Pontevedra).

– Alfonso Acuña Pereira.

O Carramal, 70, Salcedo (Pontevedra).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 973/2009-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 392/2008 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra promovidos por Luis Fernández Calo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua de Accidentes de Traballo Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo Asepeyo, Automatismos Rías Baixas, S.L., Alfonso Acuña Pereira, sobre accidente, con data do 11 de xuño de 2012, ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que con desestimación do recurso interposto por Luis Fernández Calo, confirmamos a sentenza que con data do 5 de decembro de 2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo, a Mutua Fremap e as empresas Automatismos Rías Baixas, S.L. e Alfonso Acuña Pereira.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co recollido no artigo 59 de la Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Alfonso Acuña Pereira, con último domicilio coñecido no Carramal, 70, Salcedo (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial