Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39874

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (57/2011).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, por medio do presente edicto, anuncio:

No presente procedemento ordinario 57/2011, seguido por instancia de Roberto Martínez Moraña e Elías Martínez Moraña fronte a Manuel Chapela Molanes e Benito Ferreira Ferradas, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

En Cangas o 16 de maio de 2012.

Vistos por min, María Otero Álvarez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, os presentes autos de xuízo ordinario 57/2011, seguidos neste xulgado por instancia de Roberto Martínez Moraña e Elías Martínez Moraña, representados polo procurador José Antonio González García e asistidos pola letrada Mónica Moreno Selvi, contra Manuel Chapela Molanes, representado pola procuradora María del Amor Angulo Gascón, e asistido polo letrado José Pardo Quiroga, e contra Benito Ferreira Ferradas.

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo procurador José Antonio González García, en nome e representación de Roberto e Elías Martínez Moraña, debo declarar e declaro resolto o contrato asinado entre os litigantes o 25 de abril de 2007 e condeno os demandados Manuel Chapela Molanes e Benito Ferreira Ferradas a entregarlles aos demandantes a cantidade de noventa mil cento cincuenta e dous euros (90.152 euros), máis os xuros legais desde a data de celebración do contrato, e todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación do cal coñecerá a Audiencia Provincial no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación, que se interporá perante este xulgado.

Ao se encontrar o dito demandado, Benito Ferreira Ferradas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 26 de xuño de 2012

A secretaria xudicial