Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39633

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5671/2008).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5671/2008 RMR.

Materia: accidente.

Recurrente: José Delgado Fernández.

Recurridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Egano, S.L., Mutua Asepeyo, Admón. Conc. Constr. Egano, S.L. (Sres. Temes, Pérez e Mosquera).

Xulgado de orixe/Autos: Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Demanda: 430/2008.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 35671/2008, seguido por instancia de José Delgado Fernández contra a INSS, TXSS, Mutua Asepeyo e Construciones Egano, S.L. sobre invalidez, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de José Luis Delgado Fernández, contra a sentenza con data do 30 de setembro de 2008, ditada do Xulgado do Social número 3 de Ourense no procedemento 430/2008, seguido contra a Mutua Asepeyo, o INNS, a TXSS e a empresa Construcións Egano, S.L., sobre incapacidade derivada de accidente, confirmando integramente e en todos os seus pronunciamentos a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para a unificación da doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construciones Egano, S.L., con último domicilio coñecido avda. de Celanova, 120-4º C. 32890 Barbadás (Ourense), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

O secretario xudicial