Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39631

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5187/2008-CRS).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 5187/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 230/2007 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Ricardo Juste Nogueiras contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre recarga de accidente, con data catorce de setembro de dous mil doce foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvo que estimamos parcialmente o recurso de suplicación interposto por Ricardo Justo Nogueiras contra a sentenza de data 27 de febreiro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en proceso sobre recarga de prestacións, e revogamos a sentenza impugnada e, estimando en parte as pretensións da demanda, impomos a recarga de prestacións de seguridade social no 30 %; condenamos solidariamente os codemandados José Luis Fernández Contreras, Granimo, S.L., Granitos Chandecastros, S.L., Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., Jesús Fernández Oya, Manuel Vaqueiro S.L., Granitos Oliveira, S.L., Extracciones Gramorper, S.L. e Avelino Fernández Martínez a capitalizaren o custo da devandita recarga e absolvemos os demais codemandados das pretensións da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– Cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese ás partes Comunidade Hereditaria de Avelino Fernández Martínez, Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., Granitos Chandecastro, S.L., Granimo, S.L., que a partir deste momento se lles efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma á Comunidade Hereditaria de Avelino Fernández Martínez, Fernández Contreras Granitos, S.A., Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., Granitos Chandecastro, S.L., Granimo, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña,14 de setembro de 2012

A secretaria xudicial