Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39635

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 751/2009 RMR).

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 751/2009 RMR.

Materia: accidente.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Vivero Ollo Redondo, C.B., Mutua Gallega de Accidentes de Traballo, Antonia Fernanda Vieira Dasilva.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Vigo. Demanda 520/2008.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 751/2009, seguido por instancia da Mutua Gallega contra o INSS, TXSS, Servizo Galego de Saúde, empresa Vivero Ollo Rendondo, C.B. e Antonia Fernanda Vieira Dasilva, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado por Juan Carlos Rodríguez Vázquez, letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza de data vinte e un de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, no procedemento número 520/2008, seguido por instancia da Mutua Gallega, e confirmamos integramente a expresada resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Antonia Fernanda Vieira Dasilva, con último domicilio coñecido en Camiño do Latas, número 3, 1º A, 36740 Tomiño (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

O secretario xudicial