Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39637

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2062/09 PM).

Nas actuacións do recurso de suplicación número 2062/09 PM a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 1054/2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, promovidos por David Vázquez Rodríguez contra o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Desenvolvemento de Servizos de Vigo, S.L., Siotetemp ETT, S.L., Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, sobre accidente, con data do 12 de xullo de 2012 foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de David Vázquez Rodríguez contra a sentenza do 10.3.2009 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en proceso sobre determinación de continxencia promovido polo recorrente contra o INSS, TXSS, Servizo Galego de Saúde, Mutua Asepeyo, Desenvolvemento de Servizos de Vigo, S.L., e Siottemp ETT, S.L., e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Desenvolvemento de Servizos de Vigo, S.L. e Siotetemp ETT, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo-Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

A secretaria xudicial