Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39639

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4298/2009 CRS).

Nas actuacións número 4298/2009, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 402/2009 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, promovidos por Luis Ángel Fernández Vidal contra Claudio César González Casas, sobre reclamación de cantidade, con data vinte e seis de setembro de dous mil doce foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Luis Ángel Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 10 de xullo de 2009, ditada nos presentes autos 402/2009 sobre reclamación de cantidade, seguidos por instancia do citado recorrente, contra a empresa Claudio César González Casas, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte Claudio César González Casas que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Claudio César González Casas, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2012

A secretaria xudicial