Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1194/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Ángel Lata Rodríguez contra Baifox, S.L. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 1194/2009, se acordou notificar a Baifox, S.L., en ignorado paradoiro, a resolución seguinte:

«Decido que, aceptando a demanda interposta por Ángel Lata Rodríguez contra a empresa Baifox, S.L., condeno a esta que lle aboe a cantidade de catro mil noventa e cinco euros e setenta e nove céntimos (4.095,79 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, condénase o Fondo de Garantía Salarial nos termos previstos para a súa responsabilidade subsidiaria conforme o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituír a consignación en metálico pola aseguranza mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Baifox, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

A secretaria xudicial