Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (497/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 497/2010, por instancia da empresa Isidro de la Cal Fresco, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre recarga de prestacións, nos cales se ditou sentenza con data do 14.9.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que se rexeite a demanda formulada por Isidro de la Cal Fresco, S.L. fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cristóbal Hugo Ramos Sánchez e Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., e se confirme a resolución impugnada do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte, do seu avogado ou do representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Isidro de la Cal Fresco, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

O secretario xudicial