Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza dos autos número 520/2010.

Encarnación Mercedes Tubio Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 520/2010 por instancia de Mutua Galega contra a Empresa Exfoga, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre incapacidade temporal, nos que recaeu sentenza en data 24 de setembro de 2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Ditamino:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mutua Galega fronte á empresa Exfoga, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Exfoga, S.L. a aboar á Mutua Galega como responsable directo a cantidade de once mil oitocentos setenta e oito euros con trinta céntimos de euro (11.878,30 euros) con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de cinco mil setecentos euros con cincuenta e un céntimos de euro (5.700,51 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse en este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á Empresa Exfoga, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

A secretaria xudicial