Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (307/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 307/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Parascovia Bursacovscaia contra a empresa ESEU 24, S.L., sobre reclamación de cantidade se ditou sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Parascovia Bursacovscaia contra a entidade ESEU 24, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa ESEU 24, S.L. a que aboe a demandante a cantidade de 1.460,90 euros, por salarios impagados, cantidade que se incrementará co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais. Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa ESEU 24 S.L., en ignorado paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

A secretaria xudicial