Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1088/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1088/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Laura Martínez Ferradas, María Jesús Gallegos Martínez e Mónica Pazos Pérez contra a empresa Gallegos y Cienfuegos, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Laura Martínez Ferradas, María Jesús Gallegos Martínez e Mónica Pazos Pérez contra Gallegos y Cienfuegos, S.L., e en consecuencia condeno esta última a aboar a Laura Martínez Ferradas 10.139,63 euros, cantidade respecto da cal a suma de 6.643,67 deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET; a María Jesús Gallegos Martínez 5.337,97 euros, suma respecto da cal 3.402,4 euros deberán incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET, e 11.089,15 euros, importe respecto do cal 6.643,67 euros deberán incrementarse cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gallegos y Cienfuegos, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial